martes, 26 de junio de 2012

Felices vacacións!!!!

Ola, non me resisto a deixarvos unhas ligazóns divertidas e interesantes!!! Disfrutádeas!!! Vémonos o próximo curso!!!











martes, 12 de junio de 2012

Unha viaxe a través da historia!!!

Apetécevos unha viaxe no tempo!!! Pois agora podedes realizala  cun só clic! Animádevos e probade!!!


E se vos apetece máis que volo conten, non deixedes de mirar a seguinte actividade de Agrega:


martes, 5 de junio de 2012

Parlamento, institucións, Estatuto de Autonomía,...?

Ola de novo, o Goberno e as institucións da nosa Comunidade Autónoma son termos que as veces vos resultan un pouco complicados, por iso paréceme interesante que visitedes a páxina de inicio da Xunta de Galicia, a fin de ver con máis nitidez a súa estructura.
E os que xa o tedes máis claro, podedes profundizar ou curiosear nalgunha das outras institucións, por exemplo: Parlamento de Galicia, Real Academia Galega,... 

lunes, 4 de junio de 2012

Samba e Leo.

Este ano tivemos unha experiencia moi interesante e gratificante. Contamos con dúas tartarugas, Samba e Leo,  que pronto se converteron nas nosas "compañeiras". A pesar do seu silencio, sempre estiveron presentes. Con elas aprendimos moitas cousas: a súa alimentación, os coidados que requiren, a hixiene ... e, por encima de todo isto, a responsabilidade de coidar unha mascota.
Quero darvos os parabéns a tod@s polo ben que desempeñastes a vosa tarefa, e as grazas a Helena e a Marieta que tan xenerosamente nolas cederon.