jueves, 24 de enero de 2013

PAZ !!!!

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) en escolas de todo o mundo, con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home de alma grande que  coa sua loita pacífica e accións de non-violencia, conseguiu, que o seu país, a India, se independizara. 

"Non hai camiño para a paz, a paz é o camino" Mahatma Gandhi

A mensaxe básica que propón o DENIP é:

"Amor universal, Non-violencia e Paz . O amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra" 

Neste día proponse o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o respeto polos Dereitos Humanos,  a solidaridade, a convivencia e a PAZ. 




Aquí tes outro xogo onde te podes divertir e mellorar a convivencia. :)






Aquí queda o noso vagón do tren da paz.
Por certo, quedou moi ben :)





miércoles, 16 de enero de 2013

Enerxía !!!!

A enerxía é a capacidade que teñen os corpos de producir cambios ó seu arredor, realmente é unha forza vital na nosa sociedade, dela depende a iluminación,a posta en marcha dos electrodomésticos, a temperatura das nosas casas, o funcionamento de industrias, hospitais,colexios,transportes,... 
Existen distintos tipos de enerxía : mecánica, luminosa, sonora, eléctrica, térmica, química,... así como tamén distintas fontes de enerxía: renovables e non renovables , e tamén se dan distintos usos, tal e como estivemos estudando.
E  como vos prometín, aquí vos deixo uns vídeos moi interesantes, que vos permitirán coñecer mellor o tema, as transformacións e un uso máis eficiente da enerxía.
Espero que vos gusten :)





E aquí tes unha actividade interactiva por se vos apetece máis :)