sábado, 22 de junio de 2013

Felices vacacións!!!

Despois de catro anos xuntos, con moitas recompensas e satisfaccións, ... chegou a hora da despedida. Dicirvos que as portas quedarán sempre abertas e que espero que mostredes entusiasmo, esforzo e dedicación na nova etapa que empezades.
Moita sorte a todos e a todas!!!
FELICES VACACIÓNS !!!! :)


jueves, 13 de junio de 2013

Facemos comics con pixton!!! :)

Hoxe coñecimos PIXTON  ferramenta 2.0 que nos permite a creación de cómics on line, está dispoñible en español e permítevos desplegar toda a vosa creatividade. Animádevos a probala!!!
Aquí vos deixo un titorial, que mostra o sinxelo que é o seu manexo :)

miércoles, 12 de junio de 2013

Prezi viaxa á Idade Media e Moderna!!!

Ola rapaces e rapazas, estamos a rematar o curso, e a verdade é que xa poucas publicacións nos quedan pendentes no noso blog. A que hoxe mostramos é para mín unha das mellores, porque recolle o voso traballo, esforzo, dedicación e sobre todo entusiasmo, porque non hai máis que mirar os vosos prezis para poder aprecialo. 
Os meus máis sinceros parabéns para todos vós: 



jueves, 6 de junio de 2013

Prezi de Martín !! :)

Martín tamén participou na creación dun Prezi sobre a Prehistoria e Idade Antiga, aquí volo deixo para que o vexades :)

miércoles, 5 de junio de 2013

Informados puntualmente!!!!

Ola rapazas e rapaces, hoxe quero recomendarvos o Blog de Orientación do cole, a través do cal Juanjo (Xefe do Departamento de Orientación)  nos ten sempre puntualmente informados de temas e convocatorias de enorme interese tanto para vos como para as vosas familias :

  •  campamentos ós que podedes asistir.
  •  convocatorias de becas (de comedor e de transporte)
  •  convocatorias da apertura de prazos para solicitar axudas para libros de texto.
  •  reflexións sobre a nova lei de educación.
  •  propostas para traballar as TICs.
  • proposta de actividades para aprender xogando.
  • commemoracións.
  • así como unha interesante axenda de conferencias, mesas redondas, etc. 

Todo isto,  podedelo encontrar na seguinte ligazón: 


Animádevos e visitádeo  :)