jueves, 31 de octubre de 2013

Celebramos o Samaín!

Bos días!!!
Se vivíramos na época dos celtas, hoxe estaríamos celebrando o Aninovo, o paso do outono ó inverno!!! 
Entre a cantidade de ritos que realizaban, destacaremos o de introducir candeas nas caveiras dos seus inimigos mortos en campaña, e a colocación das mesmas no alto dos muros dos castros, ou nas ventás das casas... Pero a verdade, é que estamos no século XXI, aínda así,  podemos recuperar esa tradición e tallar caveiras en cabazas e colocar unha candea acesa no seu interior !!!
Aquí vos deixo un vídeo que vos mostra cómo podedes decorar esas cabazas e se vos animades, facédeo acompañados dun adulto :)
Aproveitade para repasar inglés!




Tamén vos deixo o enlace ó texto publicado pola Xunta de Galicia, onde tedes información sobre o Samaín e tamén unha proposta de manualidades que podedes facer estes días. Só tedes que imprimir as que máis vos gusten. Pichade aquí.

E mentres facedes estas cousas podedes bailar a ritmo o Twist do esqueleto ou a Noite de Terror
Boa fin de semana!!!

domingo, 20 de octubre de 2013

Animais vertebrados

Os animais poden clasificarse en vertebrados e invertebrados dependendo de se teñen ou non esqueleto con columna vertebral!!! Nas seguintes actividades interactivas poderás coñecer un pouco mellor ós vertebrados!! 
Anímate e ségueme!!!!

Educared


Cuadernia 


PNTIC

E non deixedes de visitar os seguintes recursos, o primeiro deles é un breve documental onde podemos ver fauna típica de Galicia, e a segunda é unha actividade interactiva bilingüe, sobre a clasificación dos animais, vertebrados e invertebrados,e tamén poderedes aprender este vocabulario en inglés.





No seguinte vídeo poderedes aprender algo máis deste grupo de animais:



lunes, 14 de octubre de 2013

Aprendemos mecanografía!!!

Ola de novo, hoxe falamos da importancia da mecanografía,de utilizar todos os dedos á hora de poñernos diante dun teclado e deste xeito poder escribir textos, documentos, etc... de forma moito máis rápida.
Así que aquí vos deixo os xogos de VEDOQUE, que vos axudarán a practicar esta arte!
Animádevos a teclear!! :)










miércoles, 9 de octubre de 2013

Normas ortográficas do galego

Ola de novo,
Dado que moitas veces xurden dúbidas sobre a ortografía da nosa língua, aquí vos deixo a ligazón ás:
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega en 2003. 
Facede uso dela cando teñades algunha dúbida!!!



domingo, 6 de octubre de 2013

Museos científicos coruñeses!!!

Recordade que mañá, luns 7 de outubro, a entrada dos tres Museos Científicos  Coruñeses : Aquarium Finisterrae, Domus e Casa das Ciencias é gratuita. É un bo momento para visitalos!!! :)

miércoles, 2 de octubre de 2013

Lengua Castellana, Ocurrió en Pampelum!!!

Hola a todos y a todas, os dejamos las siguientes  actividades interactivas para que juguéis un poquito con la lengua y el lenguaje !!! :)

VOCABULARIO

Ordenar alfabéticamente

Genmagic

 El diccionario.


División de las palabras en sílabas.

Sílabas tónicas y átonas.





Repaso de vocabulario, ortografía y gramática.


Y no te olvides de realizar ejercicios de comprensión lectora, que son muy importantes!!!! 

Junta de Andalucía. AVERROES
Incluso puedes hacer tu propio test de comprensión!!! ANÍMATE!!!

J. Antonio Marín Candón

Y en la página de CHILDTOPIA, tú mismo/a, puedes elegir la lectura y responder a las preguntas que te formulan!!