martes, 28 de abril de 2015

Parabéns ó grupo de curtos do colexio!!!

Queremos dar os parabéns ós rapaces e rapazas que participaron na curtametraxe : Chegou dun manicomio tanto pola súa participación como polos premios obtidos: 
  • Premio ó mellor reparto no II Festival Opera Prima de Curtas, Concello da Coruña
  • 4º Clasificado no Festival de Curtas CINEOJ 2015, Premio Concello da Coruña
E aquí queda a mostra do seu fantástico traballo
   

                 

lunes, 27 de abril de 2015

Idade Media en España

Seguimos a nosa viaxe pola Idade Media, en concreto en España, onde os pobos xermánicos se instalan, destacando o pobo visigodo que serán os que deixen unha pegada máis forte. O camiño de Santiago é a ruta que os europeos seguen na Idade Media para peregrinar a Santiago de Compostela e será un eixe cultural moi importante

martes, 21 de abril de 2015

23 de abril. Día Internacional do libro

O placer e amor á lectura é algo que moitos de vós xa descubristes, e desde aquí querémosvos seguir animando a disfrutala, tanto a vós como os que aínda non descubriron ese mundo tan apasionante como é o dos libros. Animádevos a ver os seguintes vídeos, veredes como medrará o voso amor pola lectura :)))

Lembrade que o 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, co motivo de fomentar a lectura. A primeira vez que se celebrou foi no ano 1996, e foi a UNESCO a súa impulsora. O motivo da elección desta data é o aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.


 

Viaxamos pola Idade Media!!!

Animádevos a viaxar pola Idade Media, a coñeder as súas cidades, os seus castelos, feudos, os pobos xermánicos, os estilos arquitectónicos: o sólido e sinxelo románico(séculos XI e XII) e o esbelto gótico (entre o XII ata o XV)



Empezaremos coñecendo unha cidade medieval, rodeada por murallas e con trazados sinuosos e irregulares. O centro da mesma acostuma a ser unha praza, en torno a cal se sitúan os edificios máis importantes,  construídos en pedra, dela soen saír rúas en distintas direccións, ocupadas algunhas delas polas casas e tendas dos artesáns,.. Imos ver unha delas que nos mostra o canal artehistoria:


                                                     

Os mosteiros son moi importantes na Idade Media, o edificio principal era a igrexa, entorno a ela levántase o claustro, onde os monxes meditan.